Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Cadete Masculino

Mai 27, 2024

Tempada destacada a do noso cadete masculino en Primeira Autonómica. O equipo de Fernando Chan logrou o segundo posto nunha liga composta por oito clubes, tan só superados polo Marín Futsal. As dúas voltas da competición alongáronse dende o 22 de outubro de 2023 ó 7 de abril de 2024, nas que os mozos lograron dez vitorias. De feito, foron os únicos que venceron ó conxunto mariñense. Pese ó bo facer, a reestruturación de categorías en idade cadete (eliminación da División de Honra) provocou que neste curso non existan os ascensos a Liga Galega.

Na Copa conformáronse dous grupos de catro equipos, con duelos a ida e volta. Só os campións pasarían directamente á final. Os conserveiros non puideron acceder a ela ó finalizar en terceiro posto do Grupo A, con tres triunfos e tres derrotas.

CATEGORÍA: ED Poio