Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Filial

Xuñ 20, 2024

O equipo encargado de pechar o curso 2023 / 2024 foi o Sénior Feminino B, que se proclamou campión da Copa o pasado 15 de xuño. Imos co resumo da súa campaña:

Despois dun ano na categoría de Preferente, o noso filial voltou á 1ª Autonómica. Encadradas no grupo 4 (provincia de Pontevedra) xunto a outros nove clubes, disputaron unha liga de 18 xornadas a ida e volta, que remataron en cuarta posición con 31 puntos (10 vitorias, 1 empate e 7 derrotas).

Sen moito máis que destacar nesa parte, encamiñámonos á competición copeira. Tres grupos de tres escadras conformáronse na primeira fase, erixíndonos como primeiras no noso, por diante do Bueu, que en liga fora segundo con 46 puntos (15 máis que nós). A continuación, non tivemos partido en cuartos de final ó non presentarse o noso adversario, O Carballo de Sárdoma. Na semifinal, as nosas mozas venceron por 4 – 0 ó Tenorio FSF, que viña de superar ó Mosteiro Bembrive C e ser segundo no Grupo A. No último paso, o Sénior B gañou por 1 – 3 ó Bueu, de novo, no pavillón do Berbés, en Vigo.

Final espectacular do equipo adestrado por Bea Mateos e Ale de Paz. Parabéns!

CATEGORÍA: ED Poio