Ó igual que co equipo alevín feminino, as infantís, patrocinadas en exclusiva por Milongas Parrillada, tamén quedaron nas semifinais das súas dúas competicións. Así transcorreron:
A Liga Galega nesta categoría dividiuse en dous grupos: Norte (10 equipos) e Sur (7 equipos, tras retirarse o Moaña Futsal). As mozas adestradas por José Luis Quintáns Tilve disputaron as doce xornadas entre o 8 de outubro de 2023 e o 11 de febreiro de 2024. Con 8 vitorias, 2 empates e 2 derrotas, destacando como as máis goleadoras con 59 tantos, finalizaron segundas, logrando o pase a semifinais. O campión do Grupo 1, Viaxes Amarelle, venceu por 3 – 0 o 28 de abril, deixándonos ás portas da final ligueira.
Na Copa, xogamos a primeira fase do 25 de febreiro ó 14 de abril, rematando primeiras no Grupo 1 Sur, con 4 triunfos e 2 empates. Desta maneira, a semifinal copeira enfrontounos ó líder do primeiro grupo do norte, a S.C.D. e R. Narón O Freixo, que tamén nos superou por 3 – 0 o pasado 26 de maio.