Toca poñer punto final a tan tremenda campaña. Era a do noso 25 aniversario e ben que o rendemos. Quizáis non con títulos, pero si cun paso á fronte na pelexa por eles. Chegamos ata aquí e agora queremos manternos.
Unha liga cuxo obxectivo era meternos no playoff polo título e conseguímolo xa na xornada 25 (que casualidade). E aínda que non chegamos á final, quedámonos con ese segundo posto nas 30 xornadas, por riba do noso verdugo, Burela. Coa pequena pega das Copas, onde non avanzamos todo o que nos gustaría, establecemos unhas cuantas marcas en Primeira División que veremos se logramos batelas no futuro:
- Mellor arranque de liga (10 xornadas iniciais): 27 puntos de 30 posibles.
- Maior xeira de vitorias consecutivas: 12
- Maior puntuación: 75
- Mellor posto: Segundas
- Máis goles anotados: 95
- Menos goles encaixados: 34
- Máis partidos seguidos sen perder en liga: 28
- Máis vitorias nunha volta de liga: 13, na primeira.
- Máis puntos nunha volta de liga: 40, na primeira.
- Ningunha derrota nunha volta de liga: na segunda.
- Menos goles encaixados nunha volta de liga: 17
- Maior goleada: 12 – 0 (e segundo partido no que máis goles anotamos).
- Maior goleada coma visitante: 0 – 6
- Menos partidos sen marcar: só 1, na xornada 2.
- Maior xeira de partidos marcando: 30 (contando playoff).
- Máis partidos sen recibir gol: 10
- Maior xeira de partidos sen encaixar gol: 3
- Primeira vitoria de local ante Futsi.
- Primeira vez que gañamos os dous partidos en casa a Futsi e Burela.
Quizáis, algunha marca se nos quede atrás, pero en caso de atopala, actualizaremos a lista. Como contrapunto, o 9 – 3 do segundo partido do playoff, en Burela, supuxo o partido no que máis goles nos marcaron, aínda que non a derrota por maior diferencia. Que sexa unha mala estatística, non significa que teñamos que ocultala.
Como punto e final a este repaso, queda dicir que, se non nos trabucamos, o club participará na próxima Supercopa de España, título ó que optaremos por segunda vez na nosa historia.