Novas

Final da tempada 2022 / 2023

Xuñ 14, 2023

Toca poñer punto final a tan tremenda campaña. Era a do noso 25 aniversario e ben que o rendemos. Quizáis non con títulos, pero si cun paso á fronte na pelexa por eles. Chegamos ata aquí e agora queremos manternos.

Unha liga cuxo obxectivo era meternos no playoff polo título e conseguímolo xa na xornada 25 (que casualidade). E aínda que non chegamos á final, quedámonos con ese segundo posto nas 30 xornadas, por riba do noso verdugo, Burela. Coa pequena pega das Copas, onde non avanzamos todo o que nos gustaría, establecemos unhas cuantas marcas en Primeira División que veremos se logramos batelas no futuro:

  • Mellor arranque de liga (10 xornadas iniciais): 27 puntos de 30 posibles.
  • Maior xeira de vitorias consecutivas: 12
  • Maior puntuación: 75
  • Mellor posto: Segundas
  • Máis goles anotados: 95
  • Menos goles encaixados: 34
  • Máis partidos seguidos sen perder en liga: 28
  • Maior goleada: 12 – 0 (e segundo partido no que máis goles anotamos).
  • Maior goleada coma visitante: 0 – 6
  • Menos partidos sen marcar: só 1, na xornada 2.
  • Maior xeira de partidos marcando: 30 (contando playoff).
  • Máis partidos sen recibir gol: 10
  • Maior xeira de partidos sen encaixar gol: 3
  • Primeira vitoria de local ante Futsi.
  • Primeira vez que gañamos os dous partidos en casa a Futsi e Burela.

Quizáis, algunha marca se nos quede atrás, pero en caso de atopala, actualizaremos a lista. Como contrapunto, o 9 – 3 do segundo partido do playoff, en Burela, supuxo o partido no que máis goles nos marcaron, aínda que non a derrota por maior diferencia. Que sexa unha mala estatística, non significa que teñamos que ocultala.

Como punto e final a este repaso, queda dicir que, se non nos trabucamos, o club participará na próxima Supercopa de España, título ó que optaremos por segunda vez na nosa historia.

CATEGORÍA: Novas