Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Xuvenil Feminino

Mai 7, 2024

O equipo xuvenil feminino foi o primeiro dos nosos 17 conxuntos en finalizar a competición esta tempada. Certo é que, no seu caso, poucos clubes compiten polo título de campioas galegas, mentras que non hai torneo de copa.

As trece escadras anotadas dividíronse en 4 grupos. O Poio quedou encadrado no grupo C, no cal desputou partidos como local e visitante fronte ó Arealonga FS Chapela e ó Tui Futsal, vencéndoos todos e cunha bagaxe de 45 goles a favor e só 3 en contra. Estas seis xornadas prolongáronse dende o 12 de outubro de 2023 ó 18 de febreiro de 2024. Por tanto, clasificouse para semifinais xunto ós outros campións de grupo: Burela FS, Ourense CF e Mosteiro Bembrive FS.

O pasado día 1 de maio desputouse, a partido único, a semifinal contra o Burela na Seca. Tras o empate a un gol, os penaltis decidiron que as de A Mariña accedesen á final.

Así pois, tempada finiquitada para as nosas xuvenís, que estiveron moi preto de meterse nunha final, pero ás que nada se reproba co gran traballo realizado.

CATEGORÍA: ED Poio