Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Xuvenil Masculino

Mai 10, 2024

O terceiro conxunto vermello que finalizou a súa campaña oficial foi o Xuvenil Masculino, que volvía competir despois de non facelo o curso pasado (perdendo o posto en Liga Galega).

Dentro da categoría de 1ª Autonómica a liga dividiuse en dúas fases. Na primeira ou previa, os 27 clubes separáronse en 4 grupos, formando parte nós do primeiro. Cunha bagaxe de 1 triunfo e 5 derrotas, os mozos remataron na última das sete prazas. Polo tanto, foi integrado no grupo de 3ª División de Liga Regular, xunto a outros 11 equipos.

Neste segundo tramo de competición, a escadra conserveira terminou en 8ª posición, con 5 vitorias, 1 empate e 5 derrotas.

Por último, desputaron a Copa Delegación, torneo que enfrontaba ós clubes de 3ª División da Liga Regular (os de 1ª e 2ª conforman a Copa Federación). Os nosos rapaces non puideron avanzar tras quedar terceiros no Grupo A cunha diferenza de goles de -7, impedindo acceder a oitavos de final como un dos dous mellores terceiros.

CATEGORÍA: ED Poio