Ás internacionalidades de Ale de Paz, Laura Uña e Elena coa absoluta durante a presente tempada (a porteira segoviana tamén estivo coa sub-23), así como Martita, coa citada sub-23, únese agora Rocío Molina, quen está concentrada coa sub-21.
Así o quixo o seleccionador Jordi Gay, quen solicitou á almeriense para concentrarse dende o domingo ata o próximo día 5 de febreiro. Dous partidos amigables celebraranse nas tardes de hoxe, martes, e mañá, mércores, contra Noruega (poderán verse en directo nas canles da RFEF).
Para Rocío é a primeira chamada da súa vida co combinado nacional, polo que nos alegramos enormemente e desexámoslle que poida repetilo.