Novas

O Roldán será o noso rival en cuartos de final da Copa

Abr 14, 2025

Este luns, 14 de abril, sorteáronse as fases finais de Copa no fútbol sala español, tanto masculino como feminino, que se disputarán no Palacio dos Deportes de Cartagena.

No noso caso, oito equipos participarán nesta fase final (catro no cadro masculino). O sorteo determinou que o STV Roldán fose o noso rival nus cuartos de final que se xogarán o venres 2 de maio ás 18:30 horas (en directo por RTVE Play). Os restantes duelos son:

  • Móstoles – Melilla (11h).
  • Teldeportivo – Castro (13:15h).
  • Burela – Ourense (16:00h).

No mesmo lado do cadro que nós está o derbi galego entre lucenses e ourensás, polo que de aí saldría o noso rival se superamos ó club de Torre Pacheco. Precisamente contra o Roldán nos enfrontamos nos cuartos de final da edición de Copa na que logramos alcanzar a final. Naquela ocasión (o 9 de febreiro de 2020), vencemos por 1 – 0 na Seca.

O conxunto dirixido por Kilian Belmonte é o cuarto clasificado en liga, co playoff polo título case asegurado (avantaxa en 6 puntos ó Alcorcón). Na Copa superou por 1 – 7 ó Valdetires de Ferrol e deu a gran sorpresa ó eliminar ó Futsi en oitavos por 2 – 3.

As semifinais da presente edición da Copa da Raíña terán lugar o sábado 3 de maio ás 11 e 13:30 horas, mentras que a final está fixada o domingo ás 16 horas (estes tres partidos se televisarán en directo por Teledeporte).

 

Foto: RFEF
CATEGORÍA: Novas