Segunda concentración para a nosa nova futbolista Miri coa Selección Española sub-19 no presente mes de abril. A segoviana de 18 anos está xa ás ordes de Íñigo Martínez dende onte, domingo día 20.
Neste caso, o combinado español disputará dous partidos amigables en Lisboa ante Portugal, os días 22 e 23 de abril.
Na súa curta carreira, é a terceira vez que Miri acode coa selección (todas na sub-19). A súa primeira chamada foi na tempada pasada, antes de vir a Poio.