Mentras que nestes momentos preparan os seus duelos internacionais España e Portugal, con cinco futbolistas conserveiras citadas entre ambos combinados, é agora a selección italiana quen chama a filas a Rafa Pato.
A pivote estará concentrada en Roma do 13 ó 16 de outubro, unha semana despois que no caso das restantes internacionais. Esta será a derradeira convocatoria antes de que a seleccionadora transalpina dé a lista definitiva para o Mundial de Filipinas.

