Esta semana deuse a coñecer o noso rival para a semifinal da Copa Galicia na súa edición XVIII. Tras vencer por 0 – 7 en cuartos de final ó Viaxes Amarelle, o sorteo deparounos unha viaxe a Castro de Rei para enfrontarnos ó FSF Castro por primeira vez nesta competición.
O duelo quedou enmarcado para o día 4 de marzo de 2025. A eliminatoria será a partido único. O equipo lucense superou por 0 – 2 ó Vilalba FS na pasada eliminatoria.
Queda pendente desvelar o rival do Burela, que saldrá do partido entre Marín Futsal e Ourense CF.