Novas

O Sénior Masculino é de Preferente!

Ago 17, 2023

Unha gran nova para o club foi confirmada este verán pola Federación Galega de Fútbol. Os mozos maiores do Poio FS conseguen praza na categoría de Preferente. Será un novo reto para o equipo adestrado por Ángel Alfonsín, Lin, enmarcado no crecemento do club tamén para a categoría masculina.

Mentras que fai dúas tempadas o equipo logrou a permanencia en Primeira Autonómica por pouco, o curso pasado deuse un salto de calidade para pelexar o ascenso. O terceiro posto en liga abriu paso a unha única eliminatoria ante o campión da provincia de Ourense, Vianariño FS, quen levou o ascenso por un global de 4-3.

Finalmente, a confección da categoría por parte da federación brindounos a oportunidade de saír un chanzo máis arriba. Voltamos á división máis alta na que participou o sénior masculino con moitas gañas e ilusión por realizar unha gran tempada.

CATEGORÍA: Novas