Novas

Debut coa Absoluta para Èlia nunha concentración na que tamén estará Martita

Feb 6, 2026

A primeira chamada da Selección Española en 2026 (e tralo Mundial) déixanos unha gran noticia en forma de debut para outra xogadora da entidade conserveira. Èlia Gullí (Tarragona, 14/6/2000) únese ó grupo de internacionais vermellas na presente campaña. Na lista tamén está Martita, habitual no combinado nesta tempada.

Ambas futbolistas disputarán o torneo Futsal Week en Labin, Croacia, do 16 ó 18 de febreiro. Enfrontaranse a Noruega e ás propias croatas.

Para Èlia suporá pechar o ciclo de internacionalidades, posto que pasou polos conxuntos sub-17, sub-18 (co que gañou o bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude en Buenos Aires en 2018) e sub-21. Este é o seu segundo curso como vermella, aumentando a súa importancia no vestiario. Disputou os 19 partidos que tivo o club entre todas as competicións, acaparando 10 titularidades, 4 goles e 1 asistencia.

CATEGORÍA: Novas