A porteira Sofía Martínez Castro, que xoga tanto co equipo infantil como no cadete, desfruta nestes días da enorme experiencia que é a concentración coa Selección Española Sub-15, que confirmou a súa convocatoria a inicios deste mes de maio.
Trátase da segunda canteirá conserveira citada con este combinado, despois de que fai dous anos o fixese Lía Ayestarán.
Desta forma, o Poio Pescamar pecha unha tempada de éxito respecto ó combinado nacional, resumida da seguinte maneira:
- Selección absoluta (sete convocatorias en toda a campaña):
- Ale de Paz: seis veces chamada.
- Elena: convocada en catro ocasións.
- Laura Uña: reclamada nas dúas primeiras convocatorias do curso.
- Selección Sub-23: Elena e Martita convocadas en outubro e Rocío Molina en abril.
- Selección Sub-21: Rocío Molina convocada en febreiro.
- Selección Sub-19: Miri convocada en abril dúas veces.