Novas

A Supercopa será o 3 e 4 de Febreiro en Torremolinos

Dec 26, 2023

Sabíase cando e agora sábese onde. A Supercopa de España terá lugar no Palacio San Miguel de deportes de Torremolinos, en Málaga, entre o 3 e o 4 de febreiro de 2024. Así o anunciou a RFEF, no que será o primeiro título en desputa da tempada e do próximo ano.

Desta forma, viaxaremos á Costa do Sol catro anos despois da Final Four da Copa en 2019, cuxa final perdemos ante o Burela, mesmo rival que nos privou do título na Supercopa posterior. A diferenza daquela ocasión, son agora catro os equipos participantes na Supercopa: Burela FS, Futsi Atlético Navalcarnero e STV Roldán, ademais de nós.

Tras o sorteo realizado o 9 de xaneiro, quedamos emparelladas co STV Roldán na primeira semifinal, que terá lugar ás 18:30h do día 3 de febreiro. Todos os partidos emitiranse en directo por Teledeporte.

CATEGORÍA: Novas