Cuarta xornada desta nova liga e comezamos o segundo mes de competición co primeiro derbi, no que visitamos ó novamente equipo de Primeira (tras un ano na categoría de prata), Viaxes Amarelle FSF.
Na búsqueda de estrearmos lonxe da Seca, a nosa expedición contará con todos os sus efectivos, agás a canteirá Alvite. Sen mirar con moito detalle todavía á clasificación, xa que aínda é un pouco cedo para iso, chegamos a este derbi logo de vencer con claridade en casa ó Joventut d´Elx e ó Móstoles, caendo polo medio na cancha das vixentes campioas, Futsi Atlético Navalcarnero.
Por parte do conxunto coruñés, menor é a súa rodaxe competitiva, posto que o seu encontro da pasada fin de semana en campo do Teldeportivo foi adiado. A súa bagaxe polo momento é un gran triunfo na xornada inaugural en Alcorcón e unha contundente derrota ante o seu público fronte a outro dos ascendidos este curso, o LTBL Futsal Alcantarilla.
O último partido entre ambos clubes, na pretempada desta campaña, rematou con 0 – 6 no marcador (ou 1 – 6, xa que sobre a bocina anotou o equipo de Jorge Basanta e non quedou claro se entrou en tempo ou non). Botando a vista atrás, a hemeroteca (fonte: ACFSF) dá uns resultados de 5 vitorias vermellas, 2 para as laranxas e 1 empate. Certo é que nas tempadas 2020 / 2021 e 2018 / 2019 os catro partidos caeron do noso lado. Habería que remontarse a xaneiro de 2015 para ver o último triunfo do Amarelle, na súa casa por 2-1.
O partido, este domingo ás 12h, será retransmitido en directo en televisión pola G2, así como por YouTube na fiel emisión de Live Vuvuzela e a RFEF.