Novas

T. 22/23 – X. 5 | PREVIA

Out 8, 2022

Coa intención de manter o pleno de triunfos en casa e converter A Seca nun fortín, recibimos a un recén ascendido e debutante na categoría, o conxunto murciano de La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla. Será, por tanto, o primeiro partido oficial que desputamos entre ambos clubes.

Tras colleitar a nosa primeira vitoria como visitante, alcanzamos o cuarto chanzo na táboa, entrando nos postos de privilexio. Mesmos puntos para o equipo que nos visita, que polo pronto é a revelación, ocupando o terceiro lugar tamén con nove puntos. Iso si, só encaixaron catro goles, sendo así o conxunto menos goleado, igualado co Futsi. Curiosamente, a terceira escadra máis efectiva en defensa é a nosa, con seis goles recibidos.

Pola nosa parte, contaremos coas baixas de Dupuy e Agostina, que están convocadas coa selección arxentina para os Xogos Sudamericanos. Tampouco estará a canteirá Alvite.

Como ben dixo Martita na súa rolda de prensa, nada hai que fiarse do conxunto azulón, que conta incluso con dúas xogadoras na última lista de convocadas para a selección española.

CATEGORÍA: Previas