A seleccionadora española, Clàudia Pons, publicou hoxe luns a terceira lista da tempada, cando a presenza do mundial faise cada vez maior, posto que restan menos de dous meses para que dé comezo. Entre as chamadas están tres conserveiras: Ale de Paz, Elena e Martita.
O combinado español concentrarase a partir do domingo 5 de outubro e disputará dous partidos amigables contra Portugal: un en Vilalba (martes 7) e outro en As Pontes (mércores 8).
Polo momento, as tres xogadoras vermellas formaron parte de todas as concentracións con España da presente campaña.

