A terceira convocatoria da selección española nesta tempada trae unha gran noticia a Poio. Carolina Bravo recibe a chamada de Clàudia Pons por primeira vez. Martita e Laura Sánchez acompañarana de entre as filas conserveiras.
O combinado nacional adestrarase en Torrejón de Ardoz entre os días 15 e 21 de novembro. O venres 20 ás 20 horas disputará un duelo amigable contra o Alcorcón.
Bravo xa coñece o que é vestir as cores de España este mesmo ano, pois en febreiro foi citada pola sub-23. En 2025, tamén fora solicitada por este mesmo equipo, mentras que con anterioridade acudiu coa sub-21.
Parabéns, Bravo!

