Novas

Terceira edición do Quiz Poio FS!

Xan 17, 2024

Un ano máis volveremos realizar o noso particular concurso de preguntas sobre os rivais de cada xornada, adaptando este formato de previas máis chamativo na segunda parte da tempada. Mentras que na primeira edición gañou Martita, a campioa do ano pasado foi Elena Aragón.

Trece son as futbolistas do plantel conserveiro, de forma que a defensora do título queda exenta do inicio e comezará nos cuartos de final. Por sorteo se definiron os duelos da primeira rolda, que darán o pase a seis xogadoras máis. Por tanto, para completar o cadro final, repescaremos a aquela integrante que perdera con máis acertos. En caso de empate entre dúas, farase un duelo de repesca. Se a igualdade neste aspecto afecta a máis de dúas persoas, definirase o pase por sorteo.

Cada duelo consistirá en seis preguntas, repartidas entre cada participante. En primeiro lugar dirimirán entre elas, a pedra, papel ou tesoiras, a orde de decisión das preguntas, é dicir, quen empeza e por que cuestión. Así, presérvase a imparcialidade do xogo. En caso de empate, haberá unha única pregunta de desempate, que responderá a xogadora que levante primeiro a man, unha vez se remate de ler a cuestión. Se resposta correctamente, gañará; pero se se trabuca, perderá. En caso de acertar, pero alzara a man antes de tempo, castigarase coa derrota.

Moita sorte a todas e agardamos que vos guste o concurso!

CATEGORÍA: Novas