Dende o sábado 16 ó martes 19 de marzo desputarase na localidade lusa de Fafe un torneo internacional que congregará ós combinados de Portugal, España, Brasil e Xapón, nun afán preparatorio do Mundial de 2025, o primeiro organizado oficialmente pola FIFA.
Unha vez máis, Laura Uña e Ale de Paz foron chamadas por Clàudia Pons para a cita. Neste caso, a presenza de xogadoras vermellas en seleccións amplíase grazas a Saki, que participará con Xapón. Na actual campaña, é a primeira vez que temos tres futbolistas internacionais á vez. O noso particular récord deuse en febreiro de 2023, cando para un dobre amigable entre España e Arxentina acumulamos cinco internacionalidades (Luci, Martita e Sandra Buzón coa vermella, así como Agostina e Dupuy coa albiceleste, aínda que esta última finalmente non puido estar na cancha).
A competición comezará mañá ás 18h entre Portugal e Xapón. Ás 21h (horario español sempre) debutará o equipo nacional fronte a Brasil (directo en RTVE Play). Os partidos de España o domingo contra Portugal (21h) e o martes contra Xapón (17h), serán emitidos en directo por Teledeporte. Para completar o cadro de horarios, a selección nipona veráseas coa Canarinha o domingo ás 18h.