Novas

Vacacións de Nadal

Dec 22, 2024

Un ano máis toca ó seu final e, coma sempre por estas sinaladas datas, o equipo de Primeira División contará cuns días de vacacións. En concreto, dende este mesmo domingo día 22 de decembro, ata o 2 de xaneiro do novo 2025.

Aproveitamos o espazo para facer un pequeno resumo desta primeira parte da campaña:

  • Liga: tintes similares ós do curso pasado, cunha primeira volta peor do desexado, aínda que nese caso conseguiuse unha enorme remonta no segundo tramo, que agardamos repetir. Tras 15 xornadas, situámonos en sexta posición con 23 puntos (7 vitorias, 2 empates e 6 derrotas), a 5 do playoff. Como dato, é a peor primeira volta de Luis López-Tulla no noso equipo (40 puntos no seu primeiro ano e 24 no segundo).
  • Copa da Raíña: quitámonos o maleficio dos oitavos de final e metémonos por primeira vez entre os oito finalistas dende que existe o actual formato. Foi na tempada 2019 / 2020 na que alcanzamos a nosa primeira final nacional. Dende entón, elimináronnos en oitavos: Ourense CF (a penaltis), Sala Zaragoza (a penaltis), Futsi e Burela.
  • Copa Galicia: avanzamos na primeira rolda vencendo por 0 – 7 ó Viaxes Amarelle e en semifinais xogaremos contra o FSF Castro.
CATEGORÍA: Novas