Este venres disputarase a 15ª xornada na Primeira División, que dictaminará o final da primeira volta da competición e que será o último partido oficial do 2023. Coincide coa visita do FSF Castro, que xa estivo na Seca en pretempada, pero que neste caso suporá o primeiro partido oficial entre ambos clubes.
Tras iso, o mesmo sábado 23, comezarán as vacacións para o plantel, que voltará ós adestramentos o 4 de xaneiro de 2024. Así, o conxunto de Luis López-Tulla preparará con máis dunha semana de antelación o debut no novo ano, que será ante o líder, Burela FS, o día 13 na Seca.
O 2024 traerá os regresos das súas lesións para Anna e Marta, que están na recta final dos seus procesos de recuperación, pero sen data de retorno. Por diante, os complicados retos de meterse no playoff polo título de liga e a participación na Supercopa de España.