Novas

Vacacións de Nadal para o equipo

Dec 21, 2025

Oito días de descanso terá o equipo de Primeira División. Dende o domingo 21 ó 28 de decembro, posto que o luns 29 retomaranse os adestramentos debido a un calendario que depara un inicio de 2026 moi cedo, comparado con outras tempadas. Así, o 3 de xaneiro visitaremos ó Reyco Burela; o 6 de xaneiro, ó Ourense Ontime e o 10 de xaneiro recibiremos ó FSF Castro.

Facemos, de paso, un breve resumo do que está sendo a campaña ata o momento:

  • Primeira División: as derradeiras dúas derrotas, únicas en estas primeiras 11 xornadas, relégannos ó 5º posto (primeira vez que non estamos entre os catro primeiros), pero cun só punto de distancia respecto do playoff. Precisamente, enlazamos catro xornadas sen vencer, contra os rivais que nos preceden na clasificación: empates contra Roldán e Alcorcón e derrotas fronte a Melilla e Futsi.
  • Copa da Raíña: supuxo a gran alegría do mes de decembro, posto que vencemos en oitavos de final ó Futsi, clasificándonos por segundo ano consecutivo para a fase final a oito. Ademais, esa vitoria ante as albivermellas foi a primeira na Seca contra dito rival.
  • Copa Galicia: en outubro superamos ó Estrela Futsal en cuartos e o Reyco Burela será o noso rival na semifinal.

Así pois, o equipo atópase vivo en todas as competicións e, de novo, aspirando a todo para un 2026 que agardamos veña cargado de alegrías.

CATEGORÍA: Novas