Novas

Xestión de aforo para o Derbi da Ría

Feb 6, 2025

Este sábado ás 17 horas (en directo pola TVG2) regresa ó pavillón da Seca un dos partidos de liga con máis ambiente de España: o Derbi da Ría contra o Marín Futsal.

Sabendo que haberá unha gran demanda de público e que o aforo é limitado, ambas directivas expoñen a seguinte xestión:

  • Habilitaranse dous accesos ó pavillón (ver na imaxe), de maneira que cada afección poida ingresar ó recinto ordeadamente. A Porta A asignarase á Marea Vermella, mentras que a Porta B será para os seguidores visitantes.
  • Outorgaranse un número de entradas ó Marín Futsal que o club morracense xestionará internamente mediante unha lista de reservas. O montante total de ditas entradas poderase mercar na Porta B do pavillón da Seca antes do partido.
  • O cupo restante de asentos ata completar o aforo estará dispoñible no lugar habitual de acceso ó pavillón da Seca (Porta A).
  •  

Así, só nos queda repetir outra gran festa do fútbol sala pontevedrés e galego, unha vez máis na maior categoría a nivel español.

CATEGORÍA: Novas