Novas

Fin de semana de descanso en Primeira División pola celebración da Supercopa

Xan 24, 2023

Non haberá xornada de liga na última fin de semana de xaneiro para o equipo de Primeira División. Tras comezar con vitoria a segunda volta visitando ó Joventut d’Elx, tocaba recibir ó líder, un Futsi Atlético Navalcarnero que conta por triunfos os seus partidos.

Non será ata o sábado 4 de febreiro cando acollamos o duelo fronte ó conxunto albivermello no Príncipe Felipe, no que será o partido da xornada e un dos máis interesantes que quedan no campionato. De feito, só cinco puntos nos separan pese a que as de Navalcarnero leven pleno. Coa nosa afección animándonos, buscaremos resarcirnos das derrotas en liga e en Copa da Raíña a mans do Futsi, as únicas en partidos oficiais esta tempada.

O motivo do adiamento da xornada é a celebración da Supercopa de España en Burela, coa participación do equipo laranxa, Futsi, Roldán e Melilla. Todos os partidos poderanse seguir por televisión, en Teledeporte, RTVE Play e TVG. Os horarios son:

  • Sábado, 12h: Burela – Futsi. Directo en Teledeporte e TVG.
  • Sábado, 14:15h: Melilla – Roldán. Directo en RTVE Play.
  • Domingo, 12h: Final. Directo en Teledeporte.
CATEGORÍA: Novas