Novas

Da ED Poio á pretempada co primeiro equipo

Set 12, 2023

Mentras que no curso pasado foron catro as canteirás que participaron na pretempada do primeiro equipo, que xa era unha máis que no anterior, ata seis integraron os adestramentos na recén finalizada época de preparación da competición. Cinco semanas (iniciadas o 7 de agosto) nas que se desputaron catro partidos amigables e un de Copa Galicia. Dende cadetes a xogadoras do filial, estas son as futbolistas que entraron na dinámica do vestiario de Primeira División:

  • Nerea Pérez Barbeitos (Pontevedra, 10/05/2001): Xogadora do filial que exerce na posición de peche. Participou en tempadas anteriores en adestramentos, con máis protagonismo nos do curso pasado.
  • Ainhoa Rodríguez Rey (Pontevedra, 28/01/2002): ala-pivote, tamén do filial, que este ano xogará na Primeira Autonómica. Non é a primeira vez que traballa con Luis López-Tulla, quen xa a inseriu nalgunha tecnificación da pasada campaña.
  • Iria Tilve Señoráns (Poio, 30/03/2006): peche ou ala que suma a súa segunda pretempada coas xogadoras de Primeira División, debutando inclusive no primeiro partido ante o FSF Castro, contra quen xogou as dúas veces que nos enfrontamos no mes de agosto. En segundo ano de xuvenil, é habitual a súa participación co filial.
  • Sofía Rozas Osorio (Pontevedra, 12/12/2006): dende ala a pivote, Sofía segue unha traxectoria como a de Iria. Segunda pretempada co primeiro equipo, debut e dous partidos xogados ante o FSF Castro, a quen marcou o seu primeiro gol na vitoria por 1 – 2 no seu pavillón. Será parte fundamental do filial, pero aínda en idade xuvenil.

Tamén gañaron experiencia, aínda que con menor cantidade de adestramentos, a porteira Estela Fernández García, que vén de sumar moitos partidos entre o cadete, xuvenil e o filial, así como Lía Ayestarán García, que en idade infantil xa era parte do cadete e foi convocada coa recén creada selección española sub-15.

Seguimos traballando duro na formación de futbolistas e persoas, para que no futuro teñan a oportunidade de chegar ó máis alto no fútbol sala.

Na foto, do Diario de Pontevedra, na primeira fila, dende a esquerda e despois do segundo adestrador, Guillermo, están Sofía, Iria e Nerea.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Pretempada