Novas

O filial certifica o dobrete coa Copa!

Xuñ 8, 2025

Punto final da tempada 2024 / 2025 cun novo trofeo para as vitrinas da Seca grazas ó noso Sénior Feminino B, que superou ó Marín Futsal B por 1 – 3 na final da Copa, cun hat trick de Sofía Rozas, quen recentemente debutara en Primeira División (ó igual que Iria Tilve).

Inmellorable forma de concluír o curso para o vestiario levado polo tándem Bea Mateos – Ale de Paz, que sela un histórico dobrete, pois no pasado mes de marzo se proclamaran campioas de Liga, o que supón o ascenso a Preferente, categoría que o filial recupera tras dous anos. Precisamente, repiten o título copeiro, que xa conquistaran na pasada campaña. Así, as súas dúas tempadas nesta división péchanse con tres trofeos de catro posibles.

Parabéns, equipo!

CATEGORÍA: ED Poio