O parón das competicións do noso equipo de Primeira División comezou. Na órbita do fútbol sala xa se respira a celebración do primeiro Mundial oficial, que será en Filipinas do venres 21 de novembro ata o día da final, o domingo 7 de decembro.
Isto supón un total de cinco semanas con, no noso caso, sete xogadoras lonxe de Poio, convocadas polas súas respectivas seleccións. O próximo partido de liga queda fixado no 13 de decembro, cando visitaremos ó líder, o Melilla.
Así, actualmente o equipo ten uns días de descanso, dende o pasado domingo ata o regreso ós adestramentos o 12 de novembro. Tamén se marcaron dous partidos amigables:
- 20 de novembro: na pista do Ourense Ontime ás 20 horas.
- 27 de novembro: na Seca contra o Burela ás 18 horas.
Cabe lembrar que a este parón chegamos en segunda posición en liga, a tres puntos do líder (próximo rival) e sendo o único equipo que non coñece a derrota.
Foto de Débora Braga.

