Novas

O cadete masculino B repite triunfo na Copa Delegación!

Xuñ 5, 2023

Por segundo ano consecutivo o cadete masculino B trae a Poio a Copa Delegación. O equipo de Chan e Rafa Caldas superou con claridade na final ó CD A Paz FS B, no pavillón Pista Vermella de Vigo.

Perfecta traxectoria na competición copeira, gañando todos os partidos, dende a fase de grupos ás eliminatorias de cuartos, semifinal e final. Un total de 42 goles a favor e só 6 en contra en seis partidos desputados.

Parabéns por este título e polo gran traballo realizado!

CATEGORÍA: ED Poio · Novas