Novas

Campaña de abonados 2023 / 2024: Conservemos a ilusión

Ago 29, 2023

A campaña 2022 / 2023, a do noso 25 aniversario e a décima en Primeira División, concluíu cun éxito rotundo. Segundas en liga regular, con só unha derrota en 30 xornadas, superando practicamente todos os rexistros anteriores no club e recuperando o alento da Marea Vermella, que vibrou e acudiu ó pavillón da Seca como facía tempo que non viamos.

E este último punto, de conexión cos nosos afeccionados e afeccionadas, foi o que mellor sabor de boca nos deixou a todos. Sabemos o difícil que é enganchar á xente ó noso deporte e queremos que Poio se sinta orgulloso de nós, mentras o representamos coa cabeza ben alta por toda España.

Como di Anna, unha das nosas veteranas: “cando volvíamos de perder o playoff, cando chegamos a Poio, estaba toda a nosa afeción agardando para recibirnos e ese foi un momento que lembraremos sempre”. 

Esa motivación extra non debe quedar nun día de playoff, senón en todos os partidos, para que as nosas futbolistas logren esas metas coas que soñamos. 

Por iso, un ano máis, mantemos prezos e condicións para que a Marea Vermella suba máis alta que nunca:

  • Abono estándar: 25€ e válido para unha persoa.
  • Abono familiar: 50€ e válido para tres persoas da mesma familia con parentesco de irmáns, pai-fillo ou avó-neto.
  • Abono empresa: 100€ e se outorgan cinco carnés, así como unha publicación de promoción nas nosas redes sociais.

Os carnés poderán solicitarse por email (poiofutbolsala@hotmail.com) ou por Whatsapp (676 52 22 43). Calquera dúbida, responderase tamén por esas vías ou contactando polas nosas diversas redes sociais.

A próxima cita na Seca será o sábado 2 de setembro ás 18:30h, nun amistoso contra o Ourense CF. Dúas semanas despois, comezará a liga co derbi en Burela, polo que o primeiro partido oficial en casa será o día 23 de setembro fronte ó recén ascendido AE Les Corts UBAE, que suporá a volta de Luci co seu novo equipo.

Marea Vermella, conservemos a ilusión e sigamos loitando por novos retos xuntos!