Volvemos viaxar por segunda semana consecutiva. Desta volta imos a Málaga para desputar a xornada 19 de liga ante o Atlético Torcal, conxunto co que, como dixemos na previa, empatamos a tres goles no partido da primeira volta.
A expedición partiu ás 5:30 da madrugada dende A Seca con todas as xogadoras e o corpo técnico. Mantense a dúbida de se Jane poderá xogar ou non.
O equipo chegou a Málaga en avión dende Santiago, onde descansará nunha residencia deportiva pola mañá, fará a comida, sesión de vídeo e partirá de tarde cara ó Polideportivo Guadaljaire.
O partido será ás 18:30h e poderedes velo en directo a través das canles de Live Vuvuzela e da RFEF, que compartiremos nas nosas redes sociais para que o teñades a man.
Tralo partido, a escadra vermella durmirá en Málaga e volverá nun voo con escala en Madrid e destino A Coruña.