Novas

Esta será o staff técnico de Primeira División para o curso 2025 / 2026

Ago 7, 2025

Non só hai cambios cada verán entre as futbolistas, senón que o corpo técnico tamén xoga un papel importante no mercado de fichaxes. Para a tempada que comeza, estes serán os nosos profesionais que, dende dentro e fóra do 40×20, traballan para que o rendemento das protagonistas sexa o máis alto e se poida conformar un equipo con metas tan ambiciosas como son as nosas.

  • Luis López-Tulla: por cuarta campaña consecutiva será o adestrador, o que supón un récord de cursos consecutivos no banco conserveiro. Ademais, posee outro logro, o de máis partidos dirixidos no Poio FS en Primeira División (95). Entre toda as competicións, 113 duelos á fronte do vestiario vermello (63 vitorias, 20 empates e 30 derrotas). Sen dúbida, son moitos valores e estatísticas as que poderíamos dicir de Luis, co que seguimos aspirando a rachar o noso teiro no fútbol sala español.
  • Daniel Álvarez Suárez: segundo ano para Daniel connosco nos cargos de segundo adestrador e preparador físico.
  • Sofía Rodríguez Pereira: por terceira campaña exercerá de delegada. Ademais, asume grandes responsabilidades na estrutura base do club.
  • Pablo González Vidal: incorporarase como fisioterapeuta. É de Pontevedra.
  • Noa Ventosinos Iglesias: dende Vigo, tamén aportará o seu traballo en fisioterapia.
  • Marc Martínez Fortuny: completa o trío de fisioterapeutas que porán todo da súa parte para axudar ó equipo. É de Barcelona.
  • David Maquieira Salgado: un ano máis e van seis. Permítome falar en primeira persoa, ó estar redactando esta nota, pois aquí seguirei en labores de prensa e comunicación.

 

Foto, de esquerda a dereita: Marc, Noa, Luis, Pablo, Sofía e Daniel.
CATEGORÍA: Comunicados