Novas

Marta nomeada mellor á dereita en Italia

Ago 30, 2022

A murciana Marta Peñalver, chegada este verán procedente do Città di Falconara, foi galardoada como mellor á na banda dereita da primeira división do fútbol sala italiano na tempada 2021 / 2022. Sen ir máis lonxe, outras dúas compañeiras do seu ex equipo están tamén no quinteto premiado, posto que se alzaron co título de liga.

Marta, que permaneceu en Italia dende 2016 ata agora, logrou o triplete (liga, copa e supercopa) no seu último equipo no país transalpino, ademais de ser pichichi nunha campaña co Futsal Femminile Cagliari.

Parabéns por ese máis que merecido premio!

Imaxe do Facebook de Divisione Calcio a cinque.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Marta