Novas

T. 25/26 – X. 9 | PREVIA

Out 31, 2025

Novena xornada con sabor a final a que nos agarda este sábado ás 18 horas na Seca contra o Alcorcón. Decímolo porque a competición parará despois ata o 13 de decembro, debido á celebración do Mundial en Filipinas, para o que foron convocadas sete xogadoras conserveiras. Ademais, o partido está dedicado á campaña “Non á violencia de xénero“, pola cal reivindicamos a loita contra este mal na nosa sociedade e a consecución da igualdade a través, entre outras vías, da do deporte.

Despois de dous duelos seguidos como visitante, saldados con vitoria en Móstoles e empate en Roldán, mantemos o invicto esta tempada, marchando segundas en liga con 18 puntos. Regresamos ó noso feudo, onde logramos tres triunfos e un empate na presente campaña. Está sendo un comezo de curso moi bo tamén en canto a números de goles, xa que somos o segundo conxunto que máis marca (34) e que menos encaixa (11), tan só superados polo Melilla. Incluso temos a Ale de Paz como máxima anotadora en liga (9 tantos). Todas as futbolistas están convocadas agás Miri.

O Alcorcón séguenos na táboa dende o terceiro chanzo, con dous puntos menos. Enlaza tres vitorias consecutivas (Penya Esplugues, Ceuta e Castro) e lonxe de casa suma dous triunfos, un empate e unha derrota. En todos os sus partidos (incluído o de Copa) marcou e recibiu goles. É a terceira escadra máis anotadora (32), aínda que tamén é a novena que máis recibe (22). Tres das súas integrantes foron convocadas por España para o Mundial: Vane Sotelo, Ari e Laura Sánchez.

Un total de 26 precedentes existen entre ambos clubes, con 12 vitorias vermellas, 3 empates e 11 triunfos alfareiros. Na tempada pasada igualamos en Poio e perdemos en Alcorcón en liga, pero vencemos alí na Copa da Raíña.

 

Foto de Débora Braga.
CATEGORÍA: Previas