Novas

Kevin Noda renova na estrutura vermella

Xuñ 27, 2022

Chegado en febreiro deste 2022 dende o Sala Zaragoza, o técnico canario Kevin Noda ocupou ata o momento o posto como adestrador na nosa canteira, dirixindo a equipos coma o cadete e o infantil femininos, logrando o dobrete de liga e copa galega con este último.

Na próxima campaña exercerá como segundo de Luis López-Tulla en Primeira División, aínda que seguirá ligado á base coma o seu coordinador.

Moita sorte Kevin no curso do noso 25 aniversario!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Kevin Noda · Renovacións