Carolina de Assis Olim Mendonça Pedreira (Cascais, Portugal, 14/04/2002) será conserveira dous anos máis.
Na súa primeira campaña en Poio destacou polo seu alto nivel e regularidade, sendo unha das tres futbolistas que participou en todos os partidos (39) da tempada, xunto con Débora e Chuli. Con 24 participacións directas en goles, erixiuse como unha peza fundamental do balance ofensivo do equipo. Ademais, disputou o Mundial de Filipinas coa selección portuguesa, proclamándose subcampioa. Pedreira tamén foi galardoada co premio á Mellor xogadora moza do mundo do ano 2025.
Os seus números na campaña 2025 / 2026 son:
- Convocatorias: 39
- Partidos xogados: 39
- Titularidades: 23
- Goles marcados: 16
- Asistencias: 8
- Tarxetas amarelas: 13
- Tarxetas vermellas: 0
Vémonos de novo na Seca, Carolina!

