Novas

Resultados 19 – 20 de Marzo

Mar 21, 2022

Fin de semana con menos competición da habitual a que pasamos. Tan só oito equipos do clube tiveron partido. Entre os que descansaron, o noso sénior feminino de Primeira División, que agora prepara o partido adiado ante o Burela. De xogarse no seu día, volvería a ter xornada de descanso.

Así pois, catro vitorias, un empate e tres derrotas foron o balance de resultados entre sábado e domingo. A destacar o terceiro triunfo, en tres encontros, do xuvenil masculino A na liga de ascenso a División de Honor, a cal lidera con tres puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado. Tamén venceu o xuvenil masculino B en Bueu, na mesma pista e ante o mismo rival que o benxamín, na súa respectiva categoría.

Polo contrario, saíron derrotados o sénior masculino e ambos equipos cadetes, tamén do masculino.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados