Novas

Luis López-Tulla renova ata 2028

Mai 12, 2026

Luis Alberto López-Tulla Revenga (Madrid, 17/08/1995) seguirá vivindo en Poio ata, cando menos, 2028. O club renóvao por dúas tempadas máis e cumprirá, así, seis en total. O técnico madrileño, que conseguiu case todos os récords da entidade conserveira, ten por diante nesta campaña o ilusionante playoff polo título de liga.

Ata a súa chegada no verán de 2022, nunca un adestrador se mantivera no banco vermello máis de dúas campañas seguidas na Primeira División. Actualmente, Luis está na cuarta e acadará os 150 partidos á fronte do Poio Pescamar. De feito, conseguiu o rexistro de adestrador con máis encontros na historia do club o pasado mes de xaneiro, ó superar os 130 de Marcio Santos. Tamén alcanzou os 100 partidos na máxima categoría do fútbol sala español en outubro de 2025.

Con el á fronte conseguíronse as primeiras clasificacións para loitar polo título de liga, con tres nos catro anos que leva aquí. Ademais, levantou unha Copa Galicia e logrou os seguintes récords:

  • Mellor inicio de liga (10 primeiras xornadas): 27 puntos de 30 posibles.
  • Maior xeira de vitorias consecutivas: 12.
  • Maior puntuación: 75.
  • Mellor posto: segundas.
  • Máis goles anotados: 95 (seguramente se superarán este mes).
  • Menos goles encaixados: 34.
  • Máis partidos seguidos sen perder na liga: 28.
  • Máis vitorias nunha volta de liga: 13.
  • Máis puntos nunha volta de liga: 40.
  • Ningunha derrota nunha volta de liga.
  • Menos goles encaixados nunha volta de liga: 17.
  • Maior goleada: 12 – 0 (e segundo partido no que máis goles anotamos).
  • Maior goleada como visitante: 0 – 6.
  • Menos partidos sen marcar: só 1, na tempada 2022/2023.
  • Maior xeira de partidos marcando: 30 (contando playoff).
  • Máis partidos sen recibir gol nunha campaña: 10.
  • Maior xeira de partidos sen encaixar gol: 3.

O seu balance particular de resultados é:

  • Liga regular: 117 partidos (73 triunfos, 21 empates e 23 derrotas).
  • Playoff polo título de liga: 5 partidos (1 vitoria e 4 derrotas).
  • Copa da Raíña: 12 partidos (7 triunfos, 1 empate e 4 derrotas).
  • Supercopa de España: 3 partidos (1 empate e 2 derrotas).
  • Copa Galicia: 10 partidos (6 vitorias, 1 empate e 3 derrotas).
  • Total: 147 partidos (87 vitorias, 24 empates e 36 derrotas).

Sen dúbida, os datos falan por si sós. Con Luis López-Tulla o club estabilizouse entre os mellores de España.

Desexámoslle toda a sorte a Luis e agardamos que pronto poidamos levantar o noso primeiro título nacional para seguir facendo historia xuntos.

CATEGORÍA: Comunicados